jueves, 10 de mayo de 2012

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA De acordo co artigo 15 dos Estatutos da Asociación, convócase ós socios á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar no Local Social o vindeiro SÁBADO día 12 de MAIO de 2012 ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda coa seguinte ORDE DO DÍA - Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior. - Estado de contas. - Memoria de actividades levadas a cabo nos anos 2011 e 2012. - Rogos e preguntas. ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA De acordo cos artigos 15, 21 e 34 dos Estatutos da Asociación, convócase ós socios á Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar no Local Social o vindeiro SÁBADO día 12 de MAIO de 2012 ó remate da Asemblea Xeral Ordinaria en segunda coa seguinte ORDE DO DÍA - Dimisión irrevogable da Xunta Directiva despois de dous mandatos consecutivos. - Presentación de candidaturas á Xunta Directiva e exposición do seu programa. - Elección da nova Xunta Directiva. - Disolución, se procede, da Asociación de Veciños

jueves, 16 de febrero de 2012

CONCESIÓN DA PRESTACIÓN ECONÓMICA DA XUNTA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2012

DOG Nº 32
Mércores, 15 de febreiro de 2012

ORDE do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2012.

O prazo de presentación das solicitudes será de corenta (40) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

miércoles, 6 de julio de 2011

Subvencións destinadas ao sector do lúpulo e se convocan para o ano 2011



















As liñas de axuda son as seguintes:
a) Axudas para o establecemento de novas plantacións de lúpulo.
b) Axudas para a reconversión e mellora das plantacións existentes.
c) Axudas para a adquisición de maquinaria específica.

Calendario laboral para o ano 2012 na Comunidade Autónoma de Galicia

O calendario xa o temos, agora que nos den o traballo!

martes, 21 de junio de 2011

CONCENTRACIÓN PARCELARIA FILGUEIRA DE BARRANCA - TRASANQUELOS

Comunícase a tódolos propietarios, titulares e interesados na Concentración Parcelaria de Filgueira de Barranca - Trasanquelos, que o PROXECTO estará exposto nos lugares sinalados. Desprazarase persoal técnico para aclarar as dúbidas do Proxecto.

LUGAR:
LOCAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE TRASANQUELOS (CAMPO DA FESTA)
Día 17 --> Trasanquelos, Vilar
Día 20 --> A Casilla, Peteira, Casal, Vilavide e Briallo
Día 21 --> Fornelos, A Pena, Codeseira e Cabreira
Día 22 --> Abeleira, Casavella e Retornar
Día 23 --> Carballal, Castro de Ares
Día 24 --> Lata de Abaixo, Lata de Arriba e Campelo

HORARIO:
Mañáns: 09:00 a 13:30
Tardes: 16:00 a 19:00

NOTA 1: Ós propietarios residentes fora das parroquias atenderáselle calquer día.

NOTA 2: Os planos e modelos de alegacións tamén se poden consultar e descargar na web www.nortagro.com/descargas.htm

miércoles, 6 de abril de 2011

A Xunta concede ao concello de Cesuras 4.644,10€

DOG 04 de abril de 2011
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Resolución do 1 de marzo de 2011 pola que se procede á publicación das subvencións
concedidas en virtude da Orde do 22 de abril de 2010, pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a realización
de actividades dirixidas á xuventude, para a promoción da información xuvenil e para a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías durante o ano 2011.

Entidade local Localidade Concedido
Concello de Cesuras Cesuras 4.644,10