miércoles, 30 de abril de 2008

Lista de marcas de aceite certificadas exentas de hidrocarburos. 18:28 29/04/2008

Na páxina web do Ministerio de Sanidad y Consumo (link vinculado) podedes atopar o arquivo en excel e pdf da Lista marcas de aceite no ucraniano certificadas a las 18 28 horas del 29 de abril de 2008

www.msc.es/novedades/aceiteGirasol.htm

martes, 22 de abril de 2008

Axudas á conservación e restauración de bens do patrimonio etnográfico.


Axudas á conservación e restauración de bens do patrimonio etnográfico.


Dirixidas aos propietarios de hórreos, cruceiros, petos de ánimas, pallozas, muíños, fontes, lavadoiros, fornos, pombais e outros elementos etnográficos similares. Axudas de ata 2.000 euros en obras de conservación e mantemento e 6.000 euros en obras de restauración.


Prazo: 09/04/2008 - 15/07/2008


Link da convocatoria no DOG

lunes, 21 de abril de 2008

Membros da nova xunta directiva

Na entrada de benvida ó blog comunicabámosvos que o seu nacemento coincide co cambio de directiva pero non se vos especificaba quenes somos. Supoño que a maioría xa o saberedes pois fóstedes os que nos elixístedes. De todas formas agora que xa están os cargos asignados comunicámosvos que a nova directiva queda formada por:

Presidente: José Ángel Vázquez Pérez
Vicepresidenta: Mª Jesús Sánchez Sánchez
Secretaria: Mª del Carmen Ruzo Barral
Tesoureiro: Santiago Sánchez Rodríguez
Vocais: Vanessa Ruzo Barral
Mª José Sánchez García
Pablo Couceiro González
Concepción Sánchez Sánchez

Esperamos seguir contanto coa participación de todos e cada un dos socios e como non... medrar pouco a pouco. Quenes esteades interesados en ser socios poñédevos en contacto con calquera de nós ou nos teléfonos ou mail de contacto.

Un saúdo

domingo, 20 de abril de 2008

Comeza o prazo de inscrición para o concurso 'Déixao e Gaña 2008'


A Consellería de Sanidade abre o prazo de inscrición para a sexta edición do concurso 'Déixao e Gaña 2008', unha iniciativa para deixar de fumar.

A Consellería de Sanidade convoca a sexta edición en Galicia do concurso Déixao e Gaña, invitando a participar ás persoas maiores de 18 anos que fumen diariamente hai máis dun ano, a deixar de fumar, polo menos, durante catro semanas, do 18 de maio ao 15 de xuño do presente ano. A cambio, poderán gañar -ademais de saúde para eles mesmos e para as súas familias e contorno- viaxes, estadías en balnearios ou outros interesantes premios.
Cada concursante será apoiado por unha ou dúas persoas do seu contorno persoal ou laboral que fan de testemuña, e que o axudarán no seu intento de abandono do tabaco. As testemuñas, no caso de non fumar, tamén terán o seu premio.

Cómo participar

Poderán participar no concurso as persoas maiores de 18 anos, residentes en Galicia, que consuman tabaco a diario, desde hai máis dun ano. O compromiso consiste en non fumar nada durante, polo menos, catro semanas -do 18 de maio ao 15 de xuño-, e as testemuñas, animaranlle a conseguilo.

As persoas interesadas poden inscribirse antes do 18 de maio de 2008, a través do teléfono gratuíto 900 101 164, de luns a xoves, de 9 a 14 horas, e de 16 a 19 horas, e os venres de 8 a 15 horas. A inscrición tamén pode realizarse a través da páxina http://www.deixaoegaña.com/; ou enviando por correo a tarxeta de solicitude –editáronse máis de 300.000- que atopará nos hospitais, centros de saúde, farmacias, concellos, centros administrativos, campus universitarios e entidades colaboradoras da Rede de Centros Promotores de Vida sen Tabaco en Galicia.
Ademais, poderase tamén formalizar a inscrición simplemente depositando a tarxeta de solicitude nas hurnas colocadas nas mesas informativas que se organizarán nos hospitais, centros administrativos, superficies comerciais e outras entidades colaboradoras. Só se admitirá unha tarxeta por participante fumador, aínda que unha mesma persoa pode ser testemuña de varios concursantes fumadores.
Para constatar a abstinencia das persoas participantes, a Dirección Xeral de Saúde Pública, como organizadora, poderá contactar cos participantes e as testemuñas, así como realizarlles as probas diagnósticas oportunas para esa constatación: medición de monóxido de carbono (CO) en aire espirado, e determinación de metabolitos da nicotina na urina.

Premios motivadores ademais de saúde

As persoas que consigan deixar de fumar poderán gañar unha viaxe ao Caribe ou ás Illas Canarias, tres fins de semana con servizo de balneario, un ordenador portátil e unha televisión.
As testemuñas que non fumen poden optar a un cruceiro polo Mediterráneo, dúas fins de semana con servizo de balneario, unha fin de semana de turismo rural, un vale de compra de 300 €, unha cámara dixital, un MP4 ou un navegador GPS.
Ademais, sortearanse diferentes premios especiais: unha fin de semana con servizo de balneario para socios Sanitas, médicos colexiados en Galicia, e farmacéuticos colexiados na Coruña ou en Pontevedra. Para as mulleres embarazadas, un vale de compra de 500 €, e un premio sorpresa para testemuñas que participan no concurso escolar “Clases sen Fume”.


jueves, 17 de abril de 2008

Subvencións a fondo perdido para o remate exterior de vivendas unifamiliares rurais de nova construción

A Consellería de Vivenda e Solo publicou no DOG do 17 de abril de 2008 a Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para o remate exterior de vivendas unifamiliares rurais de nova construción e se aproban as bases reguladoras.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 18 de abril de 2008 e rematará o 16 de xuño de 2008.

link da subvención:

http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/ee415a87981c5c4ec125742d005cd92e/$FILE/07400D006P033.PDF

Subvencións para renovación de instalacións eléctricas no interior de edificios e vivendas

A Consellería de Innovación e Industria publicou no DOG do día 16 de abril de 2008 a Orde do 1 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a renovación de instalacións eléctricas de baixa tensión no interior de edificios e vivendas habitadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008 (IN410B).

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contando a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. (Remata o prazo o 17 de maio)

Atoparedes esta subvención con modelo de solicitude, etc. no link:

http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/61bd2b3d771fd087c125742c0076c2cf/$FILE/07300D005P023.PDF

lunes, 14 de abril de 2008

Curso en Cesuras de aplicador-manipulador de productos fitosanitarios

No DOG de hoxe (14 de abril de 2008) a Consellería do Medio Rural convoca a través da súa Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal cursos de aplicador-manipulador de productos fitosanitarios de nivel básico e cualificado para agricultores, persoal auxiliar e responsables de establecementos e servizos fitosanitarios.

O modelo da solicitude podédelo descargar no anexo I do link

Xunto coa solicitude hai que presentar: fotocopia do DNI ou NIF, dúas fotografías tamaño carné nun sobre pechado e rotulado co nome, apelidos e DNI do solicitante e o xustificante de ter pagado 8,66€ polo dereito á realización das probas de aptitude para a obtención do carné de nivel básico ou cualificado que vos habilitará para exercer como tales en todo o territorio estatal durante 10 anos.

O prazo de presentacións de solicitudes será dun mes (ata o 15 de maio)

Haberá un curso básico en Cesuras durante o 1º semestre organizado polo OAC de Betanzos. Código deste curso 2008.C025 Para máis información chamar ao teléfono 981 77 00 62 ou na Avda. do Carregal, s/n de Betanzos (no OAC)

http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/81c9845a067bcfc8c1257428004e4e38/$FILE/07100D008P039.PDF

martes, 8 de abril de 2008

Benvida ao blog


Benvidos ao recén nado blog da Asociación de Veciños de Trasanquelos. Este blog xurde co cambio de directiva, esperamos que o espíritu das novas xeneracións, coa axuda e experiencia das anteriores, dé bos resultados para toda a parroquia e por extensión ao concello de Cesuras e área de influencia.

Supoño xa saberedes que Trasanquelos é unha das 13 parroquias de Cesuras e que comprende os lugares de: A Abeleira, O Briallo, Cabreira, O Carballal, O Casal, A Casavella, Castro de Ares, A Codeseira, A Costa, Fornelos, A Lata de Abaixo, A Lata de Arriba, A Pena, Trasanquelos, O Vilar e Vilavide.

Esperamos que nos visitedes (non só no blog) pois como sabido é por todos: "Cesuras desprende ferrados de saúde".

Un saúdo da nova directiva desta (a vosa) asociación

Trasanquelos a 8 de abril de 2008