lunes, 26 de mayo de 2008

Especialista universitario en deseño e cálculo de estructuras de madeira


Dirixido a titulados universitarios de primeiro e segundo ciclo de carreiras técnicas que desexen adquirir unha formación de especialista da USC nos aspectos de cálculo e deseño de estruturas de madeira para edificación tanto arquitectónica como rural e para proxectos de obra civil.Duración: 17 outubro 2008 - 28 marzo 2009Formato: semipresencialClases presencias: venres 16-21h e sábados 9-14hClases non presenciais: proxecto fin de cursoVisitas a empresas e entidades do sector


Módulos do programa e número de horas (200 totais)


  1. A madeira como material de construción (25 h)

  2. Cálculo estrutural segundo o CTE (30 h)

  3. Deseño de estruturas e CAD aplicado á madeira (30 h)

  4. Realización de proxectos de edificación (10 h)

  5. Realización de proxectos de pontes de madeira (15 h)

  6. Estruturas especiais e casas de madeira (20 h)

  7. Execución de estruturas (5 h)

  8. Intervención en estruturas de madeira (15 h)

  9. Realización de proxecto fin de curso (50 h)


    Prazo de preinscrición: 2 de xuño a 30 de xullo de 2008

Matrícula: 800 € (inclúe software, material didáctico, etc.)


Concederanse 3 bolsas de matrícula.


Outorgarase o premio “CIS-Madeira” ao mellor proxecto fin de curso por unha contía económica igual o importe da matrícula.


Máis información en:


http://mediorural.xunta.es/investigacion/principal/index.php?id=705


http://www.usc.es/emadeira/

domingo, 25 de mayo de 2008

martes, 13 de mayo de 2008

lunes, 12 de mayo de 2008

Convocatoria de estadías de tempo libre para mulleres con responsabilidades familiares non-compartidas










O Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller publicou no DOG nº 88 do 8 de maio a Resolución do 30 de abril de 2008 pola que se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non-compartidas.





Esta resolución ten por obxecto facilitarlles ás mulleres residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillos ou fillas menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun contorno de ocio.

Convócanse ata un máximo de 95 prazas. As estadías serán de 8 días en réxime de pensión completa, durante a 1ª quincena de xullo. Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán a cargo do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.



Prazo de presentación de solicitudes:
10 días, contados a partir do 9 de maio.

Axudas para mulleres que abandonaron os estudos para seren nais


O Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller da Xunta de Galicia ven de convocar axudas e subvencións para o retorno á formación das mulleres que abandonaron o proceso educativo para seren nais.


Prazo de presentación de solicitudes: dende o 24 de abril ata o 24 de maio.


Requisitos: Mulleres inactivas ou desempregadas que acceden ao sistema educativo, logo dun período de ausencia por mor da maternidade, a través da matrícula oficial nun ciclo medio ou superior, universitario ou de formación profesional, e cuxos ingresos da unidade familiar sexan inferiores ao quíntuplo do indicador público de renda a efectos múltiples (IPREM) para o ano 2008.

Axudas a emigrantes retornados 2008

A Secretaría Xeral de Emigración convoca axudas extraordinarias a favor de emigrantes galegos retornados e os seus familiares para o exercicio 2008. A resolución ten por obxecto a protección de situacións de necesidade ou precariedade económica derivadas do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicado no DOG nº 67, do 8 de abril de 2008.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 8 de abril ata o 30 de setembro de 2008.

Tipo de axuda: económica, de carácter persoal e de pagamento único, por unha soa vez.

Teléfonos de contacto da Secretaría Xeral de Emigración: 981547271 e 981547273

domingo, 11 de mayo de 2008

Concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico


O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon en marcha a II Edición de Lingua de Amor, o concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico.

Ademais dos premios principais, os 200 primeiros participantes recibirán un agasallo por cortesía da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Prazo: ata o 14 de maio de 2008.

Participa en www.linguadeamor.eu

lunes, 5 de mayo de 2008

Convocadas Prazas Para Que Galegos Residentes No Exterior Poidan Viaxar A Galicia.

Nome de programa: Volver – Á terra

Características: Os beneficiarios estarán durante un período máximo de 14 días, nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia xestionado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, programándose actividades e excursións que favorezan o reencontro coa súa terra. Rematada esta estadía, poderán permanecer cos seus familiares en Galicia, ata completar un período máximo de 3 meses, sendo pola súa conta durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención e calquera outro gasto derivado da súa estadía.

Resolución: Resolución do 9 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convocan e se regulan as axudas correspondentes ao programa Volver á terra para residentes no exterior, durante o ano 2008.

Destinatarios: As persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ser emigrante galego.
2. Ter a nacionalidade española.
3. Residir en América.
4. Ter sesenta ou máis anos de idade contados na data de remate do prazo de presentación de solicitudes
5. Levar polo menos os últimos 15 anos naturais sen participar en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral.
6. Ser válido por si mesmo e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.
7. Ter ingresos inferiores a 1,3 veces o importe das prestacións económicas por ancianidade do Estado español, fixado en 2008 para o país de residencia.

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia do 16 de abril de 2008

Prazo: Ata o 16 de maio

Promovido por: Secretaría Xeral de Emigración.

Tipo de axuda: A Secretaría Xeral de Emigración farase cargo da viaxe dos beneficiarios desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral en Iberoamérica ata o lugar de destino designado en Galicia.
A Dirección Xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar colaborará neste programa poñendo todos os servizos de aloxamento e manutención durante o período de estadía na residencia de tempo libre.
Será por conta dos participantes o período de estadía durante a permanencia cos seus familiares en Galicia, unha vez rematada a estadía no establecemento residencial, ata completar un período máximo de 3 meses.

Contacto

Entidades colaboradoras:
* En Brasil:
-Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
-Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.
-Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instr. São Paulo.
-Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
* En Cuba:
- Federación de Sociedades Gallegas en La Habana.
* En Uruguai:
-Unión de Sociedades Gallegas de Montevideo.
* En Venezuela:
-Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
Secretaría Xeral de Emigración:Servizo de Atención Social aos EmigrantesTeléfonos: 981.545.880 - 981.545.547.269Fax: 981.957.055e-mail:
accion.social.emigracion@xunta.es.

Información adicional:
http://galiciaaberta.xunta.es/portal/site/galiciaAberta/menuitem.63d59f4f152d678418e5e567f03900a0/

http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/61bd2b3d771fd087c125742c0076c2cf/$FILE/07300D003P008.PDF