viernes, 29 de agosto de 2008

Curtis axuda aos parados a buscar emprego en Internet

O Concello de Curtis puxo en marcha un taller gratuito para persoas desempregadas. O curso, de 8 horas de duración, comeza o 4 de setembro e axudará aos parados a realizar correctamente o seu currículum vítae e a buscar emprego a través da Internet. Os interesados en participar poden informarse na Oficina Municipal do Concello de Curtis ou no teléfono 981 777 105. As prazas son limitadas.

jueves, 28 de agosto de 2008

Eleccións Xunta de Galicia

Fontes non oficiais comunícannos que non haberá eleccións anticipadas para a Xunta de Galicia.

Charla en Cesuras sobre o Banco de Terras (BANTEGAL)



Charlas informativas sobre o Banco de Terras de Galiza.

No transcurso de cada acto realizarase unha presentación do Bantegal, resolveranse as dúbidas dos asistentes e entregarase material divulgativo.

Cesuras --> CEIP Forte-Bragade - Cesuras
Intervén: J. Juan Rico
Xoves, 28 de agostoÁs 20:00 h.


Curtis --> Cooperativa CUSOVIAME – Santaia
Intervén: J. Juan Rico
Venres, 29 de agostoÁs 20:00 h.


http://www.bantegal.com/

viernes, 22 de agosto de 2008

Curso de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico e cualificado

No DOG do 24 de xullo de 2008 a Consellería de Medio Rural convoca cursos de de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios nivel básico e cualificado que organizarán as oficinas agrarias comarcais e os centros de formación e experimentación agroforestal da Consellería do Medio Rural.

Os cursos están dirixidos a persoas que queiran adquirir un dos seguintes niveis de capacitación:
1.Nivel básico:Dirixido ao persoal auxiliar de tratamentos terrestres e aéreos e aos agricultores que os realicen na súa propia explotación sen empregar persoal auxiliar e utilizando praguicidas que non sexan ou xeren gases clasificados como tóxicos ou moi tóxicos, segundo o disposto no Real decreto 255/2003.
2. Nivel cualificado:Dirixido aos responsables de equipos de tratamento terrestre e aos agricultores que os realicen na súa propia explotación empregando persoal auxiliar e utilizando praguicidas que non sexan ou xeren gases clasificados como tóxicos ou moi tóxicos, segundo o disposto no Real decreto 255/2003.


Cursos de nivel básico:
Período de realización: II semestre
Unidade organizadora: OAC Betanzos

Localidade: Cesuras
Código do curso: 2008.C116
Enderezo: Avda. do Carregal, s/n 15300-Betanzos
Teléfono: 981 77 00 62

Normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2009

No DOG do 22 de agosto de 2008 a Dirección Xeral de Conservación da Natureza fai pública a Resolución do 11 de agosto de 2008 pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2009.

jueves, 21 de agosto de 2008

Medio Rural iniciará a vacinación preventiva de gando bovino, ovino e cabrún contra a lingua azul


O programa de inmunización da cabana gandeira contra a lingua azul desenvolverase de setembro a decembro de 2008 en Galiza, con dúas doses de dúas vacinas subministradas a un total de 1.400.000 animais. Cataluña e Aragón comezaron a vacinación neste mes de agosto ante o avance da circulación viral en territorios próximos (Francia, Navarra e País Vasco).



A Consellaría do Medio Rural procederá á vacinación de 1.400.000 vacas, ovellas e cabras nos próximos meses fronte aos dous serotipos do virus da lingua azul que poden afectarlle á cabana galega, co obxectivo de controlar a enfermidade a través da actuación preventiva anticipada. Esta vacina non terá custe para os gandeiros, xa que se asumirá con fondos públicos, e se lle aplicará a todos os ruminantes de máis de 3 meses, que quedarán inmunes 60 días despois de recibir a segunda dose.

A constatación do incremento de circulación do virus da lingua azul na Cornixa Cantábrica e a confirmación de novos focos en Euskadi, Cantabria e Asturias, así como a detección de animais infectados incorporados a explotacións galegas procedentes de zonas de risco (de Francia e Alemaña, principalmente) foron determinantes para a toma da decisión de vacinar a cabana galega, xa que esta época do ano coincide coa de máxima actividade do vector (mosquitos do xénero culicoides) o que incrementa o risco de difusión.

Neste momento existe dispoñibilidade de vacina fronte aos serotipos do virus que lle poden afectar á cabana galega. Galiza sumaríase así ás medidas recentemente adoptadas por Cataluña e Aragón, comunidades que actualmente están libres da enfermidade, igual que Galiza, aínda que ameazadas polo seu avance no norte do Estado español e en Europa. Esta actuación preventiva ten o obxectivo de evitar a propagación da epizootía.

Medio Rural solicitou a declaración de Galiza como zona restrinxida ante o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño para a súa publicación no BOE, preceptiva para poder aplicar a vacinación preventiva da lingua azul. A declaración de Galiza como zona restrinxida debida á vacinación non terá repercusión importante no comercio de gando xa que, por unha banda, os animais vacinados terán liberdade de movemento e, por outra, as principais comunidades de destino dos animais galegos menores de 3 meses (destinados a cebo) tamén forman parte da mesma zona restrinxida, polo que non será necesario achegar garantías sanitarias especiais para a realización deses movementos.A Consellaría do Medio Rural lembra que a lingua azul é unha enfermidade vírica que lle afecta exclusivamente ás especies gandeiras, sen ningunha incidencia na saúde pública.

miércoles, 20 de agosto de 2008

Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

No DOG do 24 de xullo de 2008 (nº 143) sae publicada a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

O título preliminar define o obxecto e o alcance da lei e mais engade unha definición dos principais termos e conceptos que se utilizan ao longo dela.
O título I regula os dereitos e os deberes sanitarios da cidadanía.
O Sistema Público de Saúde de Galicia regúlase no título II.
O título III aclara as diferentes competencias dentro do Sistema de Saúde de Galicia.
O título IV establece o sistema de relación do Sistema Público de Saúde de Galicia con outros países e organizacións internacionais, e coa Unión Europea no capítulo I, coa Administración xeral do Estado no capítulo II e con outras comunidades autónomas, así como coas comunidades galegas no exterior, no seu capítulo III.
No título V regúlase a participación do sector privado de atención sanitaria co Sistema Público de Saúde de Galicia.
O Servizo Galego de Saúde, como principal provedor e integrador de servizos sanitarios de carácter asistencial, é regulado na lei no título VI.
O título VIII está dedicado á ordenación dos empregados e das empregadas do Sistema Público de Saúde de Galicia.
O título IX da lei regula a docencia e a investigación sanitaria.
Para rematar, o título X define o marco institucional de coordinación da atención sociosanitaria en Galicia, expón os principios xerais que deberán regular esta coordinación e crea un instrumento de coordinación: a Comisión Interdepartamental de Coordinación da Atención Sociosanitaria de Galicia.

Axudas e subvencións para o acceso das mulleres á cotitularidade de explotacións agrarias

O Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller publica no DOG do 1 de agosto de 2008 (nº 148) a Resolución do 17 de xullo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións para o acceso das mulleres á cotitularidade de explotacións agrarias como fórmula de loita contra a discriminación no mercado de traballo, e se procede á súa convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de outubro de 2008.

Exames ordinarios carné profesional operador gindastre torre

No DOG do 5 de agosto de 2008 (nº 150) a Consellería de Innovación e Industria publica a Resolución do 23 de xullo de 2008, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se modifica a do 8 de febreiro pola que se convocan exames ordinarios para a obtención do carné profesional de operador de guindastre torre no ano 2008.

A finalización do prazo de presentación de solicitudes, para a convocatoria de novembro, rematará o 3 de outubro de 2008.

Lei galega de medidas tributarias en relación co imposto sobre sucesións e doazóns

No DOG do 7 de agosto de 2008 (nº 152) a Xunta publica a Lei 9/2008, do 28 de xullo, galega de medidas tributarias en relación co imposto sobre sucesións e doazóns.

jueves, 14 de agosto de 2008

NOITES DE CINE EN TRASANQUELOS



NOITES DE CINE EN TRASANQUELOS
DÍA: VENRES, 15/08/2008 ÁS 21:30h
PELÍCULA: LADYKILLERS


Ficha Técnica

Data de estrea: 26.V.2005
Nacionalidade: Estranxeira (EEUU)
Xénero: Comedia
Duración: 107 minutos
T. Orixinal: LadyKillers
Director: Joel e Ethan Cohen
Intérpretes: Tom Hanks, Irma P. Hall
Palmarés: Gañadora do premio do xurado no Festival de Cannes, Nomeada á Palma de Ouro en Cannes.

CUALIFICACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS


Sinopse:
Un excéntrico profesor sureño organiza unha banda de ladróns pouco competentes para roubar o Bandit Queen, un barco casino do Mississippi. Tras alugar un cuarto como base de operacións, fará pasar ao equipo por unha banda musical, que non serán senón un "topo", un experto en demolicións, un xeneral especializado en túneles e un sorprendente forzudo. Pero todos eles pasaron por alto un pequeno inconveniente: a súa caseira.


Noite de Cine 2.008

Subvenciona: DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
Colaboración: CONCELLO DE CESURAS

La Xunta reparte subvenciones para la TDT entre 69 municipios

Subvencións aos concellos para estudos de cobertura do sinal, realización de proxectos técnicos e dotación de equipamentos para o servizo de televisión dixital terrestre


Resolución do 28 de xaneiro de 2008 (DOG. nº 24, do 4 de febreiro de 2008), da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se convocan, para o ano 2008, subvencións aos concellos para estudos de cobertura do sinal, realización de proxectos técnicos e dotación de equipamentos para o servizo de televisión dixital terrestre

Remate do prazo de presentación de solicitudes o xoves, 6 de marzo

* Real Decreto 944/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Plan técnico nacional da televisión dixital terreal
* Orde CTE/1296/2003, de 14 de maio, pola que se desenvolve o Regulamento regulador das infraestructuras comúns de telecomunicacións para o acceso aos servizos de telecomunicación no interior dos edificios e a actividade de instalación de equipos e sistemas de telecomunicacións
* Orde ITC/2212/2007, de 12 de xullo, pola que se establecen obrigas e requisitos para os xestores de múltiples dixitais da televisión dixital terrestre e pola que se crea e regula o rexistro de parámetros de información dos servizos de televisión dixital terrestre
Resolución do 30 de xullo de 2008 do Secretario Xeral de Comunicación: MODALIDADE A
Resolución do 30 de xullo de 2008 do Secretario Xeral de Comunicación: MODALIDADE B
Resolución do 30 de xullo de 2008 do Secretario Xeral de Comunicación: MODALIDADE C

MODALIDADE A: Relación de axudas concedidas para a realización de estudos de cobertura do sinal de televisión no marco de despregamento de infraestructuras de difusión do servizo de televisión dixital terrestre 2008

CESURAS --> 1.500,00 €