Dirixido a titulados universitarios de primeiro e segundo ciclo de carreiras técnicas que desexen adquirir unha formación de especialista da USC nos aspectos de cálculo e deseño de estruturas de madeira para edificación tanto arquitectónica como rural e para proxectos de obra civil.Duración: 17 outubro 2008 - 28 marzo 2009Formato: semipresencialClases presencias: venres 16-21h e sábados 9-14hClases non presenciais: proxecto fin de cursoVisitas a empresas e entidades do sector
Módulos do programa e número de horas (200 totais)
- A madeira como material de construción (25 h)
- Cálculo estrutural segundo o CTE (30 h)
- Deseño de estruturas e CAD aplicado á madeira (30 h)
- Realización de proxectos de edificación (10 h)
- Realización de proxectos de pontes de madeira (15 h)
- Estruturas especiais e casas de madeira (20 h)
- Execución de estruturas (5 h)
- Intervención en estruturas de madeira (15 h)
- Realización de proxecto fin de curso (50 h)
Prazo de preinscrición: 2 de xuño a 30 de xullo de 2008
Matrícula: 800 € (inclúe software, material didáctico, etc.)
Concederanse 3 bolsas de matrícula.
Outorgarase o premio “CIS-Madeira” ao mellor proxecto fin de curso por unha contía económica igual o importe da matrícula.
Máis información en:
http://mediorural.xunta.es/investigacion/principal/index.php?id=705