domingo, 22 de noviembre de 2009

REUNIÓN CONCENTRACIÓN PARCELARIA FILGUEIRA DE BARRANCA-TRASANQUELOS

Informámovos que a Consellería do Medio Ambiente convoca a todos os veciños e demáis interesados na concentración Filgueira de Barranca-Trasanquelos a unha reunión informativa co obxecto de entregar as follas das peticións e iniciar os traballos para a elaboración do proxecto de concentración..
Dita reunión será o xoves día 26 de novembro ás 11 da mañá no local social de Trasanquelos (campo da festa).
Lei de concentración parcelaria para Galicia: http://mediorural.xunta.es/fileadmin/arquivos/normas/lei10_1985.html
Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da Lei de concentración parcelaria para Galicia: http://www.xunta.es/Dog/Dog2001.nsf/FichaContenido/10A6E?OpenDocument
Datos básicos da zona de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos:
http://mediorural.xunta.es/nc/areas/infraestruturas/concentracions_parcelarias/buscador/zona/150264070/(ler máis)

MAGOSTO 2009

Este sábado pasado 21 de novembro celebramos, como xa ven sendo habitual, o noso Magosto. Gracias a todos por vir e pola colaboración recibida e benvidos ós novos veciños e socios.

jueves, 12 de noviembre de 2009

CALENDARIO LABORAL PARA O ANO 2010 EN GALICIA

No DOG do 16 de xullo de 2009 a Consellería de Traballo e Benestar publica o calendario laboral para o ano 2010 na Comunidade Autónoma de Galicia. Establecendo como días de festa de carácter retribuido e non recuperable as seguintes:

1 de xaneiro (venres) Aninovo
6 de xaneiro (mércores) Día de Reis
19 de marzo (venres) San Xosé
1 de abril Xoves Santo
2 de abril Venres Santo
1 de maio (sábado) Festa do Traballo
17 de maio (luns) Día das Letras Galegas
12 de outubro (martes) Día da Hispanidade
1 de novembro (luns) Todos os Santos
6 de decembro (luns) Día da Constitución
8 de decembro (mércores) A Inmaculada
25 de decembro (sábado) Nadal

APERTURA DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS EN DOMINGOS E FESTIVO DO 2010

No DOG do día 15 de outubro de 2009 a Consellería de Economía e Industria autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2010 os seguintes domingos e festivos:
3 de xaneiro
10 de xaneiro
1 de abril
4 de xullo
5 de decembro
12 de decembro
19 de decembro
26 de decembro
A apertura ó público será dun horario máximo de 12 horas diarias.