jueves, 4 de marzo de 2010

A XUNTA PRESENTA O PROGRAMA "XUVENTUR", QUE OFRECE 1.500 PRAZAS A MOZOS GALEGOS PARA ESTADÍAS MULTIAVENTURA EN CASAS DE TURISMO RURAL

O programa Xuventur, desenvolverase durante as fins de semana dos meses de abril, maio e xuño excluída a Semana Santa e inclúe aloxamento en casas de turismo rural, noites do venres e sábado; manutención completa (venres: cea; sábado: almorzo, pic-nic e cea; e domingo: almorzo). Tamén está incluído no programa o transporte das persoas que participan dende o aloxamento ao lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado e do domingo. Así como o programa de actividades, o equipo de monitores e o material preciso para o seu desenvolvemento. No suposto de que faga mal tempo, desenvolveranse actividades alternativas.

Hai trece programas diferentes que comprenden actividades como bodyboard e skibus, cabullería, sendeirismo, piragüismo, paintball, tiro con arco, escalada, rutas en btt, rutas dacabalo, orientación, canoas, tiro con arco, visitas guiadas e culturais, descenso en kaiak, surf, padelboard, espeleoloxía, inciación á escalada e rapel, xogo de rol en vivo dramatizado, carreiras de orientación con gps deportivo...

En total haberá 1.496 prazas dispoñibles e o programa durará 11 fins de semana. Os prezos de aloxamento e máis as actividades son entre un 50 e un 60% máis baratos que si se contratan directamente sen facelo dentro do programa.

Para participar nas actividades é necesario inscribirse nos teléfonos 981 957 057 ou 881 999 314. Pódese obter información dirixíndose á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado na Consellería de Traballo e Benestar. Tamén se pode obter información nos seguintes servizos provinciais: na provincia da Coruña no Servizo de Xuventude, no 11 andar do Edificio Proa de Matogrande; na Oficina Local de Ferrol, no Edificio Administrativo da Praza Camilo José Cela e en Santiago de Compostela no Centro coordinador de Información e Documentación Xuvenil da Praza do Matadoiro. En Lugo, a información pode obterse no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Ronda da Muralla; en Ourense, no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Avenida da Habana; e en Pontevedra no Servizo de Xuventude do Edificio Administrativo da Rúa Concepción Arenal e máis na oficina Local da rúa Fernández Ladreda. Así mesmo, pódese obter información sobre o programa na web www.xuventude.net.

O número máximo de persoas que poderán participar en cada unha das opcións e fins de semana será determinado pola capacidade das casas de turismo rural, podendo variar entre 22 e 25 prazas. O prezo será de 100 euros por praza e as persoas con carné xove terán un 25% de desconto

IMPORTANTE: INFORMACIÓN DE INTERESE PARA OS PARTICIPANTES
Para anotarse no programa Xuventur 2010, lembrade que:
1º.- Os número de telefono aos que debedes chamar para anotarse son o:
881.999.314
981.957.057
O horario de atención ás chamadas será de 9:00 a 14:00 h
2º.- Antes de chamar, elixide o programa e as datas nas que queredes
participar, a fin de facilitar e facer máis áxil a reserva de prazas.
3º.- Unha vez teñades feita e adxudicada a reserva, lembrade que en 48h.
máximo debedes facer o ingreso na conta que se vos indique, e envialo
por Fax (xunto coa restante documentación) ao número: 981. 545.843.
Inmediatamente despois, mandádeo por correo urxente ao enderezo que
se vos indica no folleto de Xuventur. De non facelo, a persoa perde os seus
dereitos de adxudicación de praza.
4º.- Haberá unha lista de reserva de dez prazas por programa (non por fin
de semana), e no caso de que non poidades acudir non se admite cambio
de titular de xeito automático, senón que se recorrerá a lista de espera.
Tampouco se devolverá o importe excepto no caso de que as actividades
non se poidan realizar.
5º.- Só se poderá facer dúas reservas por persoa.
6º.- O prezo final son 100€ por persoa e praza, cun desconto do 25% no
caso de acreditar que a persoa solicitante posúe o carné xove e que está
vixente.
7º.- Tende en conta o equipamento específico de roupa a levar
Dependendo de cada programa.