domingo, 19 de diciembre de 2010

Bases das axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando, e se convocan para o ano 2011

Diario Oficial de Galicia
mércores, 15 de decembro de 2010
DOG nº 239
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 13 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas
para a prevención de ataques de lobo ao gando, e se convocan para o ano 2011.

Solicitudes:
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir da data de entrada en vigor desta orde (un mes a partir do 16 de decembro de 2010). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo, e se convocan para o ano 2011

Diario Oficial de Galicia
venres, 17 de decembro de 2010
DOG nº 241
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 14 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo, e se convocan para o ano 2011.

As axudas a que se refire esta orde comprenden os danos producidos polo lobo desde o 1 de outubro de 2010 ata o 30 de setembro de 2011.

Comunicación do dano: Nas vinte e catro horas seguintes ao ataque os propietarios das reses deberán poñelo en coñecemento da Consellería do Medio Rural mediante unha chamada desde as 8.00 ás 20.00 horas de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 minutos os sábados, ao teléfono 012, a través do que se lles facilitará unha clave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente. Os animais mortos non poderán ser manipulados para non obstaculizar o labor investigador dos axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta.

Solicitudes:
As solicitudes de axuda correspondentes aos danos producidos entre o 1 de outubro de 2010 e a entrada en vigor desta orde (o 18 de decembro de 2010) cursaranse no prazo dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, a presentación das solicitudes de axuda deberase de facer dentro do mes seguinte ao de produción do dano.

domingo, 12 de diciembre de 2010

APERTURA LOCAL SOCIAL E VISITA PROGRAMA LUAR DA TVG

Estimad@s soci@s:
A Asociación de Veciños de Trasanquelos convídavos a pasar unha tarde de xogos, cartas e conversas no local social da asociación o próximo
SÁBADO 18 DE DECEMBRO a partires das 16:30 da tarde
Haberá un pouco de café, cartas, xogos de mesa, ganas de pasar unha boa tarde. Se a iniciativa ten éxito, abriremos o local ó menos unha vez ó mes, anunciando antes as datas mediante carteis en sitios sinalados de toda a parroquia.

Tamén aproveitamos para preguntarvos se estariades interesados en acudir ó programa Luar da TVG nos primeiros meses do 2011. Se conseguimos reunir un grupo significativo de xente podemos organizar unha viaxe para acudir como público a ese programa. Se estades interesados chamade ós teléfonos que aparecen nas cartas que recibiredes nas vosas casas, enviádenos un correo electrónico (A.V.Trasanquelos@gmail.com), buscádenos en Facebook ou simplemente dicídenolo en persoa. DATA LÍMITE PARA APUNTARSE: 20 DE XANEIRO.
Ata o sábado pola tarde...