sábado, 12 de marzo de 2011

CONVOCATORIA ESTADIAS TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES

Diario Oficial de Galicia
sábado, 12 de marzo de 2011
DOG nº 50
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 25 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Cesuras-A Coruña)

Diario Oficial de Galicia
luns, 7 de marzo de 2011
DOG nº 45
VI. ANUNCIOS
a) DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Resolución do 9 de febreiro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia na resolución de recoñecemento de descoñecidos da zona de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Cesuras-A Coruña).

Acto notificado: Resolución do 9 de novembro de
2010 do director xeral de Desenvolvemento Rural de
recoñecemento de descoñecidos da zona de concentración
parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos
(Cesuras-A Coruña).
Interesados:
Francisco Cruz Couceiro.
Amelia Sánchez Vázquez.
Julia Pedreira Varela.


A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio (8 de marzo), na sede deste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

CAMPAMENTOS XUNTA-CAMPAÑA DE VERÁN 2011

Diario Oficial de Galicia
luns, 7 de marzo de 2011

DOG nº 45
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 21 de febreiro de 2011 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2011 e se procede á súa convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (8 de marzo) e rematará o día 22 de marzo de 2011.